jueves, 29 de marzo de 2012

TEMOS MOITAS VISITAS!

 Como sabedes empezamos un proxecto sobre as familias para coñecernos cada día máis. 



 Empezamos elixindo dous encargados á 
semana, e durante toda a semana imos coñecendo moitas cousas sobre os encargados, unha delas cales son os seus contos preferidos.

 

Cada semana invitamos a algún familiar dos encargados, aquí podedes ver a mamá de Inés, que nos contou o conto de CROCODILO NAMORADO.








O conto encantounos e
 estivemos moi atentos...





Despois do conto aproveitamos a ocasión para facerlle moitas preguntas a mamá de Inés:

come todo o do prato?
Recolle os seus xoguetes?
Que é o que máis lle gusta?












jueves, 8 de marzo de 2012

Cociñamos

A semana pasada fixemos un taller de cociña. Así quedou a cousa


Cociñamos en Espedregada - presentacion imagenes


FIXEMOS UNHAS GALLETAS DE CHOCOLATE RIQUÍSIMAS, DEIXÁMOSVOS AQUÍ A RECEITA PARA QUE AS POIDADES FACER NA CASA:
EMPREGAMOS:
3 OVOS
250 GR. DE MANTEQUILLA CON SAL
MEDIO VASO DE AZUCRE MORENO
MEDIO VASO DE AZUCRE BLANCO
UNHA CULLARADIÑA DE AZUCRE AVAINILLADO
UNHA PIZCA DE SAL
500 GR DE FARIÑA CON LEVADURA
UNS ANAQUIÑOS DE CHOCOLATE.

MEZCLAMOS TODOS OS INGREDIENTES FACENDO UNHA MASA.
LOGO DÁMOSLLE FORMAS DE BOLIÑAS E APLASTÁMOLAS (TAMÉN EMPREGAMOS MOLDES DE FORMAS) E LISTAS PARA IR AO FORNO! (UNS 10-15 MINUTIÑOS A 180 GRAOS)                QUE APROVEITE!!!

miércoles, 7 de marzo de 2012

FACEMOS VIÑO

Lembrades o principio de curso?



Lembrades o proxecto da vendima?

Os nenos e nenas de Infantil fixemos viño:

Primeiro lavamos moi lavadiños os pes.


 
Canto traballiño isto de descalzarse!

E que fresquiña estaba a auga!



Despois metímonos dentro dos capachos cheíños de uvas e pisamos con moita enerxía.





A algúns gustounos máis que a outros...





E pisando pisando foi saíndo o zume...

Pero haberá que embotellalo!







Pois decoramos con pinturas unhas etiquetas moi chulas nas que se podía ler:
" VIÑO DENOMINACIÓN DE ORIXE ESPEDREGADA"