miércoles, 7 de marzo de 2012

FACEMOS VIÑO

Lembrades o principio de curso?



Lembrades o proxecto da vendima?

Os nenos e nenas de Infantil fixemos viño:

Primeiro lavamos moi lavadiños os pes.


 
Canto traballiño isto de descalzarse!

E que fresquiña estaba a auga!



Despois metímonos dentro dos capachos cheíños de uvas e pisamos con moita enerxía.





A algúns gustounos máis que a outros...





E pisando pisando foi saíndo o zume...

Pero haberá que embotellalo!







Pois decoramos con pinturas unhas etiquetas moi chulas nas que se podía ler:
" VIÑO DENOMINACIÓN DE ORIXE ESPEDREGADA"




No hay comentarios:

Publicar un comentario